Deriva/Roteiro pola Vivenda e contra a Especulación, (Monte Alto, A Coruña)
A diferéncia doutras cidades e vilas galegas, A Coruña ten un plano ordenación urbana desde hai 22 anos. A pesar diso, ou, seguramente, grazas a iso, a situación da precariedade da vivenda na nosa cidade, e mesmo na sua área metropolitana, non ten parangón nas demáis urbes do seu eido xeográfico.
O prezo de compra da vivenda no lugar máis barato da área metropolitana da Coruña é 2000€/m21. No centro da cidade, en cámbio, chega a 7200€/m2. Isto coloca a A Coruña por riba dos prezos das urbes de territórios como Aragón, Múrcia, Astúries, Canárias ou mesmo o Pais Valenciá, onde as rendas son claramente superiores. Mesmo nunha etapa na que por vez primeira en dous lustros comeza a ralentizar-se o prezo da vivenda, A Coruña foi no 2006 a segunda cidade do estado na que máis creceu ese prezo -un 15%-, case cinco veces máis do que o fixeron as rendas.
As causas son coñecidas: unha miragre económica perigosamente sustentada sobre o negócio do tixolo; un prezo do chan desorbitado, consecuéncia directa de exercícios netamente especulativos; unha canalización do aforro privado cara ao mercado inmobiliário (quen non pensa solucionar o problema da vivenda mercándo-lle un piso * fill*?); unha falla de políticas de fomento do aluguer; a admisión de enrriquecimentos obscenos -ao marxe do fenómeno Inditex, o galego máis rico está vencellado ao mercado inmobiliário, do mesmo xeito que o están 13 das 20 persoas máis ricas do estado-; a masiva presenza de pisos baleiros -entre 17.000 e 25.000 só na cidade da Coruña, máis do 25% das que existen nunha província tan rural como a nosa-.
As consecuéncias non son menos manifestas. Ao marxe da suxeción disciplinária que supón o endebedamento-de-por-vida, 14.300 xoves coruñes*s abandonaron a cidade en 2005, boa parte del*s para establecer-se na área metropolitana. O momento máis expresivo desas consecuéncias deu-se en outono pasado, cando, nunha cidade coñecida pola escasísima preséncia de vivendas protexidas, 11.400 persoas se apresentaron ao sorteo dos 178 pisos da outrora Fábrica de Tabacos.
E isto non é máis que unha perspectiva de zoom dos problemas do modelo urbano da nosa cidade. Os 22 anos do plan xeral non teñen servido, en absoluto, para unha ordenación sostible e humana do esquema urbano da Coruña. A caréncia de zonas verdes apenas ten avanzado nestes lustros, a declaración de ruína é o futuro máis común das escasas vivendas singulares-protexidas da cidade e a expansión en forma de área metropolitana non ten xerado ningún modelo de transporte público digno de tal nome, cos efectos de contaminación e barullo ben coñecidos.
Quen quera coñecer a senrazón dese modelo urbano só ten que dar unha volta por Monte Alto. Un dos últimos espazos mínimamente comunitários da cidade vive no seu ser todas as doenzas dun modelo perverso. A infravivenda e a caréncia de dotacións conviven cunha formidable operación especulativa, que fai crecer de xeito imparable os prezos, e se orienta a unha sustitución das espécies sociais que habitan o bairro. A proliferación de inmobiliárias, a diseminación de gruas e o barullo das excavacións son só os primeiros síntomas desta mutación biolóxica. Quen quera saber o que é a especulación na Coruña só ten que vir polo bairro. Monte Alto é hoxe o verdadeiro laboratório da especulación e da asuéncia do dereito a vivenda na cidade da Coruña.
Por iso, convidámos-te a unha deriva/roteiro polo bairro, pola vivenda e contra a especulación, este sábado, 24 de marzo, ás 19:30h., con saida no Campo da Leña.
Invisíbeis. Acción Urbana
1 Fontes dos datos: Instituto Nacional de Estadística, Instituto Galego de Estatística, lista Forbes das persoas máis ricas do mundo, declaracións en plenos do Concello da Coruña.
abril 12th, 2007 at 11:55 am
nenas isto a kedao guapísimo
parabens sweena
abril 30th, 2007 at 2:10 pm
id a pintar a vuestra puta casa si es q teneis.