Abril, 2007

Semiótica antagonista

Abril 16th, 2007 Abril 16th, 2007
Posted in Vivenda, especulación i espazos liberados
1 Comment »

máis materiais gráficos…

proposta de pegata1

proposta de pegata2

video da deriva por montealto

Abril 12th, 2007 Abril 12th, 2007
Posted in Vivenda, especulación i espazos liberados
Comentarios desactivados en video da deriva por montealto

[gv data=”http://www.youtube.com/v/9rM545vatfA” width=”425″ height=”350″][/gv]

video elaborado polo colectivo olholivre: deriva pola especulación en montealto,

a salvaxe invasión que está a sufrir este bairro por parte de gruas, vallas, inmobiliarias, e demáis maquinaria, ofrece un aspecto desolador, que lembra a una postal da postguerra,

inmobiliarias: armas de especulación masiva!!!

Deriva/Roteiro pola Vivenda e contra a Especulación, (Monte Alto, A Coruña)

Abril 11th, 2007 Abril 11th, 2007
Posted in Vivenda, especulación i espazos liberados
2 Comments »

A diferéncia doutras cidades e vilas galegas, A Coruña ten un plano ordenación urbana desde hai 22 anos. A pesar diso, ou, seguramente, grazas a iso, a situación da precariedade da vivenda na nosa cidade, e mesmo na sua área metropolitana, non ten parangón nas demáis urbes do seu eido xeográfico.

O prezo de compra da vivenda no lugar máis barato da área metropolitana da Coruña é 2000€/m21. No centro da cidade, en cámbio, chega a 7200€/m2. Isto coloca a A Coruña por riba dos prezos das urbes de territórios como Aragón, Múrcia, Astúries, Canárias ou mesmo o Pais Valenciá, onde as rendas son claramente superiores. Mesmo nunha etapa na que por vez primeira en dous lustros comeza a ralentizar-se o prezo da vivenda, A Coruña foi no 2006 a segunda cidade do estado na que máis creceu ese prezo -un 15%-, case cinco veces máis do que o fixeron as rendas.

As causas son coñecidas: unha miragre económica perigosamente sustentada sobre o negócio do tixolo; un prezo do chan desorbitado, consecuéncia directa de exercícios netamente especulativos; unha canalización do aforro privado cara ao mercado inmobiliário (quen non pensa solucionar o problema da vivenda mercándo-lle un piso * fill*?); unha falla de políticas de fomento do aluguer; a admisión de enrriquecimentos obscenos -ao marxe do fenómeno Inditex, o galego máis rico está vencellado ao mercado inmobiliário, do mesmo xeito que o están 13 das 20 persoas máis ricas do estado-; a masiva presenza de pisos baleiros -entre 17.000 e 25.000 só na cidade da Coruña, máis do 25% das que existen nunha província tan rural como a nosa-.

Read the rest of this entry »