2ª Deriva contra a especulación e polos espazos liberados
O sábado 05 de maio, as invisíbeis voltamos a sair á rua para denunciar o crime urbanístico e social que se está a perpetrar na cidade de a corunha, máis concretamente no noso barrio de monte alto. Durante unha hora derivamos pola cidade informando e bailando, denunciando e desfrutando de (re)descubrir que as ruas, coma outros moitos espazos públicos, perténcennos, e podemos disponher delas cando queiramos. Co lema “PISOS DE LUXO GRATIS”, convidamos a quen se queira unir a un devir de experimentación e intervención sobre a nosa realidade aparentemente determinada co fin de alterala na procura de dignidade, felicidade e pracer para todas.
A vivenda, a comida, o conhecemento,… lonxe de ser productos de mercado, son necesidades básicas que deben ser cubertas para todas as persoas sen excepción independentemente de que posúan ou non cartos. SE VIVIR É UN LUXO, OKUPAR É UN DEREITO!!