Crónica e imaxes do encontro de movementos sociais en Vigo

Seguiremos recombinando, pensando, imaxinando, desexando…

11167.jpg

Fotoreportaxes no CMI Galiza: Okupación e desaloxo da Panificadora en Vigo, Okupación en Vigo


Realiñamentos nos movementos sociaies do eixo metropolitano do Atlántico
[Artigo escrito por Alternativas Nómadas para Diagonal]

O día das eleccións municipais, os lectores de La Voz de Galicia, xornal que abarca dous tercios da audiencia galega, tiveron nas súas mans unha nova froito da xornada de reflexión: medio cento de okupas instaláranse na véspera na panificadora abandoada, edificio emblemático de Vigo, entregado actualmente a unha operación especulativa. Os protagonistas da acción eran todo un formigueiro de activistas de centros sociais e colectivos procedentes de sectores independentistas, libertarios, etc. Fai apenas un par de anos esta acción sería impensable: o esgotamento de esforzos que supuxo a ola de movilizacións dos últimos anos (folgas xerais, nacional do 15-X de 2001 i estatal do 20-X de 2002; LOU, semestre europeo, Prestige, Guerra do Iraque…) e algúns discursos, excesivamente identitarios, dificultaban a cooperación entre as distintas redes do movemento.

Algo, sen embargo, está cambiando no eixo metropolitano do Atlántico: alén das diferencias ideolóxicas, das discrepancias tácticas ou da tensión institucional inducida polo bipartito tras o fin de Fraga, algunhas redes de activistas parecen ter comprendido a necesidade de encontrar formas de federar horizontalmente as súas singularidades en accións axustadas á súa potencia actual. Lonxe de respostar á estratexia da tensión(alimentada mediática e xudicialmente con operacións represivas; por exemplo contra ámbitos do independentismo), desde fai un tempo véñense tecendo os lazos que agora fan posible este salto cualitativo. O encontro da fin de semana servíu para empoderar a todas as presentes, para dar a coñecer proxectos, prácticas e ideas que se herdan da experiencia acumulada na pasada ola de movilizacións e que agora se recombinan de cara a abrir novos horizontes da luita.

Neste contexto, os centros sociais preséntanse como pivotes fundamentais da política de movemento, espazos de encontroe acceso ás luitas do eixo metropolitano do Atlántico. Desde estes técense hoxe as redes activistas e neles albérganse as redes telemáticas que están facendo posible a imparable proliferación da blogosfera antagonista. A asemblea concluíu con optimismo, proxectando novas intervencións nos próximos meses que agardamos teñan igual éxito.

Leave a Comment

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>