Investig-ACCIÓN!!

As invisíbeis voltamos a sair á rua o pasado día 25 de maio, de 19 a 22 h., dando comezo a unha ambiciosa campanha de información e investigación orientada ás vecinhas de monte alto, e por extensión do conxunto da cidade.

Nesta ocasión o noso obxetivo é o de desenrolar unha investigación do proceso de especulación e revalorización do noso barrio, na forma dunha cartografía que amose os diferentes pontos de violencia inmobiliaria: casas abandoadas, novas edificacións, inmobiliarias,… Temos como un dos obxetivos máis importantes o feito de realizar este mapa da especulación de xeito colectivo, incorporando a todas as vecinhas que o desexen ao traballo: tanto na documentación, coma no desenho ou nos diferentes aspectos que poidan ir xurdindo.
Nesta primeira saida repartimos un pequeno texto explicativo, onde informamos ás vecinhas os motivos da okupación coma necesidade de resistencia fronte o saqueo que está a sufrir monte alto, e toda a periferia barrial de a corunha (os maios, labañou, barrio das flores, eirís,…). A maiores, incorporamos unha pequena enquisa en formato cómico, non coa idea de que valga como material para a investigación, senón coma excusa para iniciar linhas de debate cas viandantes que a ben tiveron departir canda nós nesta nova deriva.

Comeza un novo proceso das invisíbeis, que durante este mes de xunho irá cristalizando o que nun tempo será un valioso material de denuncia sobre a permisividade case colonial ca que se maltrata diferentes espazos da nosa cidade por parte do concello, e do fraticida papel que están a desenrolar as diferentes iniciativas empresariais do sustancioso negocio da especulación nese proceso, contando ca corrupta colaboración dos gobernantes, que nalgúns casos chegan a ser donos de importantes negocios (dou you remember FADESA?)

Leave a Comment

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>