Texto da investig-ACCIÓN

POR QUE FALAMOS DE OKUPACIÓN?

dscf1035.JPG

Porque entendemos que a vida é un valor que está por riba do mercado. Porque estamos indignadas ante as grandes declaracións que falan do dereito á vida, e como estas quedan en papel mollado fronte os intereses dos estados e das corporacións, reducíndonos a meras productoras/consumidoras, sen posibilidade de decisión máis aló da farsa das eleccións (a festa da democracia dín, a festa dos sinvergonhas dicimos nós).

A comida, a vivenda, o conhemento non son privilexios, senón dereitos. Iso é o que dín as diferentes constitucións que rixen a nosa vida, a pesar de que nós non participamos nin de lonxe na súa redacción. E se correspóndenos coma dereito, non entendemos que se lles poida ponher prezo.

Falan de que é posible crear a sociedade do pleno emprego, e está sobradamente demostrado que isto non é máis que unha falacia. Nunca a riqueza estivo tan mal distribuida, nunca viuse unha sitiuación tan favorable para facer un xusto reparto dos recursos, garantindo a dignidade de todas as persoas do planeta, e nunca tanta xente estivo condenada ao sufrimento, á pobreza, á enfermidade, á morte en vida,… namentres aquí nadamos nunha suposta abundancia que cada vez vese máis claramente que só é a abundancia dalgúns.

Non paramos de ver novos edificios de luxo namentres ao noso redor moita xente vive en condicións de indignidade, namentres milleiros de pisos ao longo da cidade están abandoados, agardando o deterioro dos anos para seren derruidos, e no seu lugar florezan novos edificios de luxo, (re)producindo un proceso de delirio especulativo, onde medra un diñeiro cada vez máis alonxado da sociedade que o produce.

Por iso falamos de okupación, de manguismo responsavel (claro que é lícito guindar no corte inglés!!), dunha renda básica universal que garanta a dignidade de calquer ser humán, sen condicións. O resto é hipocresía, medo, fascismo encuberto de democracia, un asesinato disfrazado de determinismo, o ser humán fagocitándose, preso da tolemia capitalista.

——————————————————————–

1) Escolle o eslogan que máis te goste:

a) PISOS DE LUXO GRATIS PARA TODAS!!

b) SE A VIVENDA É UN LUXO, OKUPAR É UN DEREITO!!

c) POLÍTICOS NUNCA MÁIS!!

d) ID A TRABAJAR, VAGOS DE MIERDA!! (y dejad la política a quien sabe)

2) Se o teu fillo se liase cun okupa, qué dirías?

a) PASA PA’CASA QUE TE DESJRACIO!!

b) FAI BEN, QUÉ CARALLO!!

c) ………………….. (morreu co desgusto)

d) ID A TRABAJAR, VAGOS DE MIERDA!!(y dejad la política a quien sabe)

3) Ves lícito que a xente okupe?

a) SI

b) NON

c) ID A TRABAJAR, VAGOS DE MIERDA!! (y dejad la política a quien sabe)

envía as tuas respostas a invisibeis@gmail.com

Leave a Comment

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>