Agosto, 2007

Peche do ciclo de verán do CSA a treu! e as invisibeis pola cultura libre.

Agosto 31st, 2007 Agosto 31st, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte, Saberes, cultura, información, comunicación
No Comments »

12117.jpg

12119.jpg

[Ver fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

As fascinantes creacións musicais de CANS DE CORREDOIRA, xunto coas accións de guerrilla da comunicación á OMC dos YES MEN, puxeron o peche á programación de cultura libre co ciclo de cine na rúa do CS A TREU e as INVISIBEIS desenvolvemos durante o mes de agosto.
Neste peche de programación quíxose escenificar tamén unha primeira resposta á brutal acción policial contra as migrantes que estaban a vender na rúa Real a noite anterior. Víctimas dun novo modo de guerra, productora de orde a nivel global, as vidas das compañeiras migrantes constitúen unha resistencia no día a día ás identidades e ós espazos que de modo predefinido lles son asignadas, é por iso que non cesaremos de buscar as vías para evitar o fraccionamento dun corpo social capaz de artellar infinitas alternativas ao modo capitalista de socialidade/producción.

POLA CULTURA LIBRE E A LIBRE CIRCULACIÓN! ABAIXO AS FRONTEIRAS!

Nova razzia na Rúa Real

Agosto 30th, 2007 Agosto 30th, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte
No Comments »

Na noite de onte un macrodispositivo policial con 30 axentes do Corpo Superior de Policía desenvolveu unha “redada contra o top-manta”[El País] na rúa Real que rematou coa detención de 13 migrantes. Acusanos de delictos contra a propiedad intelectual e industrial, delictos que son castigados con penas de entre seis meses e dous anos de prisión.
A redada foi impulsada polas denuncias dos comerciantes da Árera Comercial Obelisco que levan semanas apoiandose nos mass media para facer unha campaña de presión racista.
Activistas da cidade estamos a traballar xa na resposta. Pola liberdade de movemento, móvete!

Cine de verán no Campo da Lenha

Agosto 5th, 2007 Agosto 5th, 2007
Posted in Saberes, cultura, información, comunicación
No Comments »

ciclo_cine_veran.png

Proxeccións de balde todos os xoves a partir das 22:00h no Campo da Lenha.

Programación agosto:

- xoves 9>The take |A.Lewis+N.Klein| 2004
- xoves 16> In this world |M. Winterbottom| 2002
- xoves 23> Okupacións e centros sociais [diferentes traballos audiovisuais]
- xoves 30> The yes men |D. Olman+S. Price+C. Smith| 2003

CSA a treu! & invisibeis pola cultura libre!

Imaxes da mani queer-precaria

Agosto 1st, 2007 Agosto 1st, 2007
Posted in Xéneros e sexualidades
No Comments »

Durante preto de duas horas, un numeroso grupo declarou unha zona temporalmente autónoma nas ruas da cidade da queerunha, ca forza do orgullo, a festa e a raiba, dirixidas en clave de celebración dos novos xeitos de desenrolar a máis vella das loitas: a emancipación do individuo e do conxunto social.

11623.jpg

11624.jpg

11625.jpg

11626.jpg

11627.jpg

11628.jpg

[fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

Un sound-system montado nun camión, bailes e cánticos, faixas e diversas accións co claro obxetivo de deconstruir a terrible doble moralidade que se agocha nas escuras esquinas do noso ser autónomo e social. De non sair de nengún armario, senón de rompelos todos, de superar as lóxicas de xénero que a día de hoxe falan en clave de dominación, na procura dunha sexualidade difusa, desexante, libertina e libertaria que de xeito radical proclama a liberdade como principal procura, os afectos e a determinante necesidade de rematar co réxime patriarcal que emprega o concepto de unidade familiar coma célula de control social,berrando para expresar un rexeite absoluto a un modelo social integrado na producción coma un feito complexo, onde traballo, ocio, relacións,… son un todo alienante e desmovilizador, co que se debe rachar dende a mesma base.

Parabéns a todas as participantes,…. nunca o terrorismo foi tan divertido!!

E xa sabedes, coito anal contra o capital!!