'Saberes, cultura, información, comunicación' Category

Peche do ciclo de verán do CSA a treu! e as invisibeis pola cultura libre.

Agosto 31st, 2007 Agosto 31st, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte, Saberes, cultura, información, comunicación
No Comments »

12117.jpg

12119.jpg

[Ver fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

As fascinantes creacións musicais de CANS DE CORREDOIRA, xunto coas accións de guerrilla da comunicación á OMC dos YES MEN, puxeron o peche á programación de cultura libre co ciclo de cine na rúa do CS A TREU e as INVISIBEIS desenvolvemos durante o mes de agosto.
Neste peche de programación quíxose escenificar tamén unha primeira resposta á brutal acción policial contra as migrantes que estaban a vender na rúa Real a noite anterior. Víctimas dun novo modo de guerra, productora de orde a nivel global, as vidas das compañeiras migrantes constitúen unha resistencia no día a día ás identidades e ós espazos que de modo predefinido lles son asignadas, é por iso que non cesaremos de buscar as vías para evitar o fraccionamento dun corpo social capaz de artellar infinitas alternativas ao modo capitalista de socialidade/producción.

POLA CULTURA LIBRE E A LIBRE CIRCULACIÓN! ABAIXO AS FRONTEIRAS!

Cine de verán no Campo da Lenha

Agosto 5th, 2007 Agosto 5th, 2007
Posted in Saberes, cultura, información, comunicación
No Comments »

ciclo_cine_veran.png

Proxeccións de balde todos os xoves a partir das 22:00h no Campo da Lenha.

Programación agosto:

- xoves 9>The take |A.Lewis+N.Klein| 2004
- xoves 16> In this world |M. Winterbottom| 2002
- xoves 23> Okupacións e centros sociais [diferentes traballos audiovisuais]
- xoves 30> The yes men |D. Olman+S. Price+C. Smith| 2003

CSA a treu! & invisibeis pola cultura libre!

VÍDEO DO MAYDAY VIGO’07

Maio 19th, 2007 Maio 19th, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte, Outras, Saberes, cultura, información, comunicación, Vivenda, especulación i espazos liberados, Xéneros e sexualidades
No Comments »

O pasado un de maio, unhas 100 persoas de diferentes colectivos galegos (precarias en luita, mulheres trasgredindo, invisíbeis, asamblea de precarias de compostela,…) formamos o bloco precario, no marco da manifestacción convocada polos sindicatos CXT e CUT. Incorporámonos de xeito autónomo, cas nosas formas e posta en escea.

Aquí tedes o vídeo realizado polo colectivo olholivre, que serve como crónica audiovisual deste outro xeito que algunhas temos de entender o 1 de maio, e en definitiva, os novos xeitos de loita.

Crónica de um Primeiro de Maio outro. Toma de comboio e Bloco Precario

Maio 4th, 2007 Maio 4th, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte, Outras, Saberes, cultura, información, comunicación, Vivenda, especulación i espazos liberados, Xéneros e sexualidades
1 Comment »

***Crónica de um Primeiro de Maio outro. Toma de comboio e Bloco Precario nas manifestaçom central em Vigo. Notas para as polémicas***

**********************************

Crónica de um Primeiro de Maio outro

As realidades da evidente mutaçom do sistema produtivo alterarom onte sustancialmente a actividade a que o (ate agora frustrante) passeio do primeiro de maio tinha-nos acostumadas.

1maio07precario-01.jpg

Activistas de diferentes Centros Sociais, da autoorganizaçom das precarias (Assembleia de Prearias de Compostela - http://actividadesassembleia.blogspot.com -, Precarias em Luita de Vigo - http://precarias.arkipelagos.net -, Assembleia pola vivenda de Ourense - http://dereitoaoteito.info - ou Invisiveis da Corunha- http://invisibeis.blogaliza.org -) assim como outros colectivos (Maribolheras Precarias, Mulheres Transgredindo, etc) tratarom de coordinar um outro primeiro de maio asumindo as súas febleças fronte ao establishment organizativo sindical, pero contraponhendo-lhe elevadas dosis de rebeldía, ilusom e potencia autoorganizativa.

Read the rest of this entry »