'Saberes, cultura, información, comunicación' Category

Peche do ciclo de verán do CSA a treu! e as invisibeis pola cultura libre.

Agosto 31st, 2007 Agosto 31st, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte, Saberes, cultura, información, comunicación
Comentarios desactivados en Peche do ciclo de verán do CSA a treu! e as invisibeis pola cultura libre.

12117.jpg

12119.jpg

[Ver fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

As fascinantes creacións musicais de CANS DE CORREDOIRA, xunto coas accións de guerrilla da comunicación á OMC dos YES MEN, puxeron o peche á programación de cultura libre co ciclo de cine na rúa do CS A TREU e as INVISIBEIS desenvolvemos durante o mes de agosto.
Neste peche de programación quíxose escenificar tamén unha primeira resposta á brutal acción policial contra as migrantes que estaban a vender na rúa Real a noite anterior. Víctimas dun novo modo de guerra, productora de orde a nivel global, as vidas das compañeiras migrantes constitúen unha resistencia no día a día ás identidades e ós espazos que de modo predefinido lles son asignadas, é por iso que non cesaremos de buscar as vías para evitar o fraccionamento dun corpo social capaz de artellar infinitas alternativas ao modo capitalista de socialidade/producción.

POLA CULTURA LIBRE E A LIBRE CIRCULACIÓN! ABAIXO AS FRONTEIRAS!

Cine de verán no Campo da Lenha

Agosto 5th, 2007 Agosto 5th, 2007
Posted in Saberes, cultura, información, comunicación
Comentarios desactivados en Cine de verán no Campo da Lenha

ciclo_cine_veran.png

Proxeccións de balde todos os xoves a partir das 22:00h no Campo da Lenha.

Programación agosto:

– xoves 9>The take |A.Lewis+N.Klein| 2004
– xoves 16> In this world |M. Winterbottom| 2002
– xoves 23> Okupacións e centros sociais [diferentes traballos audiovisuais]
– xoves 30> The yes men |D. Olman+S. Price+C. Smith| 2003

CSA a treu! & invisibeis pola cultura libre!

VÍDEO DO MAYDAY VIGO’07

Maio 19th, 2007 Maio 19th, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte, Outras, Saberes, cultura, información, comunicación, Vivenda, especulación i espazos liberados, Xéneros e sexualidades
Comentarios desactivados en VÍDEO DO MAYDAY VIGO’07

O pasado un de maio, unhas 100 persoas de diferentes colectivos galegos (precarias en luita, mulheres trasgredindo, invisíbeis, asamblea de precarias de compostela,…) formamos o bloco precario, no marco da manifestacción convocada polos sindicatos CXT e CUT. Incorporámonos de xeito autónomo, cas nosas formas e posta en escea.

Aquí tedes o vídeo realizado polo colectivo olholivre, que serve como crónica audiovisual deste outro xeito que algunhas temos de entender o 1 de maio, e en definitiva, os novos xeitos de loita.

[gv data=”http://www.youtube.com/v/rBkXdaH7IOg” width=”425″ height=”350″][/gv]

Crónica de um Primeiro de Maio outro. Toma de comboio e Bloco Precario

Maio 4th, 2007 Maio 4th, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte, Outras, Saberes, cultura, información, comunicación, Vivenda, especulación i espazos liberados, Xéneros e sexualidades
3 Comments »

***Crónica de um Primeiro de Maio outro. Toma de comboio e Bloco Precario nas manifestaçom central em Vigo. Notas para as polémicas***

**********************************

Crónica de um Primeiro de Maio outro

As realidades da evidente mutaçom do sistema produtivo alterarom onte sustancialmente a actividade a que o (ate agora frustrante) passeio do primeiro de maio tinha-nos acostumadas.

1maio07precario-01.jpg

Activistas de diferentes Centros Sociais, da autoorganizaçom das precarias (Assembleia de Prearias de Compostela – http://actividadesassembleia.blogspot.com -, Precarias em Luita de Vigo – http://precarias.arkipelagos.net -, Assembleia pola vivenda de Ourense – http://dereitoaoteito.info – ou Invisiveis da Corunha- http://invisibeis.blogaliza.org -) assim como outros colectivos (Maribolheras Precarias, Mulheres Transgredindo, etc) tratarom de coordinar um outro primeiro de maio asumindo as súas febleças fronte ao establishment organizativo sindical, pero contraponhendo-lhe elevadas dosis de rebeldía, ilusom e potencia autoorganizativa.

Read the rest of this entry »