Acción precária na queerunha

Acción de desobediencia desenrolada polos colectivos maribolheras prekarias, invisíbeis e prekarias en loita.

116161.jpg

11614.jpg

11613.jpg

[Ver fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

Durante máis dunha hora, desenrolouse na rua un obradoiro de creación de faixas para os protestos da manifestacción da tarde, así como para a mellora do aspecto da fachada dun emblemático edificio corunhés, antes pertencente á igrexa e agora nas maos dunha inmobiliaria que pretende apoderarse de toda a mazá de edificios históricos e moito máis armoniosos para un urbanismo habitabel, e convertila nun novo crime en clave de edificios de luxo.

Música e performatividade como aperitivo para unha mani, a desta tarde do sábado 30 de xullo, que fala en clave de desobediencia e rebeldía, e que durante duas horas cambiará os ritmos da cidade, mudando a corunha por queerunha, a normalidade pola trasgresión da norma,

Okupando a rua, okupando os espazos, liberando as nosas vidas…

Os comentarios están pechados.