Imaxes da mani queer-precaria

Durante preto de duas horas, un numeroso grupo declarou unha zona temporalmente autónoma nas ruas da cidade da queerunha, ca forza do orgullo, a festa e a raiba, dirixidas en clave de celebración dos novos xeitos de desenrolar a máis vella das loitas: a emancipación do individuo e do conxunto social.

11623.jpg

11624.jpg

11625.jpg

11626.jpg

11627.jpg

11628.jpg

[fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

Un sound-system montado nun camión, bailes e cánticos, faixas e diversas accións co claro obxetivo de deconstruir a terrible doble moralidade que se agocha nas escuras esquinas do noso ser autónomo e social. De non sair de nengún armario, senón de rompelos todos, de superar as lóxicas de xénero que a día de hoxe falan en clave de dominación, na procura dunha sexualidade difusa, desexante, libertina e libertaria que de xeito radical proclama a liberdade como principal procura, os afectos e a determinante necesidade de rematar co réxime patriarcal que emprega o concepto de unidade familiar coma célula de control social,berrando para expresar un rexeite absoluto a un modelo social integrado na producción coma un feito complexo, onde traballo, ocio, relacións,… son un todo alienante e desmovilizador, co que se debe rachar dende a mesma base.

Parabéns a todas as participantes,…. nunca o terrorismo foi tan divertido!!

E xa sabedes, coito anal contra o capital!!

Os comentarios están pechados.