Peche do ciclo de verán do CSA a treu! e as invisibeis pola cultura libre.

12117.jpg

12119.jpg

[Ver fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

As fascinantes creacións musicais de CANS DE CORREDOIRA, xunto coas accións de guerrilla da comunicación á OMC dos YES MEN, puxeron o peche á programación de cultura libre co ciclo de cine na rúa do CS A TREU e as INVISIBEIS desenvolvemos durante o mes de agosto.
Neste peche de programación quíxose escenificar tamén unha primeira resposta á brutal acción policial contra as migrantes que estaban a vender na rúa Real a noite anterior. Víctimas dun novo modo de guerra, productora de orde a nivel global, as vidas das compañeiras migrantes constitúen unha resistencia no día a día ás identidades e ós espazos que de modo predefinido lles son asignadas, é por iso que non cesaremos de buscar as vías para evitar o fraccionamento dun corpo social capaz de artellar infinitas alternativas ao modo capitalista de socialidade/producción.

POLA CULTURA LIBRE E A LIBRE CIRCULACIÓN! ABAIXO AS FRONTEIRAS!

Os comentarios están pechados.