Primeira resposta á acción policial contra as migrantes que venden na rúa Real

12124.jpg

[Ver fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

r/Real corunhesa :: 21:00h ::
A comunidade migrante sigue amosando resistencia á vileza das que pretenden negarlle o acceso a esta rúa. Activistas do CS A Treu! e as Invisibeis comunícanlles que se vai a realizar unha acción a modo de contestación á actuación policial do pasado mércores e ás suas responsabeis.
Logo de agradecer a iniciativa, as compañeiras abandoan a rúa, esta vez libres e voluntariamente, para que minutos despois se pendure unha faixa coa lenda “NENGUNHA PERSOA É ILEGAL, ESTA GUERRA ÍMOLA PARAR” co apoio das persoas que a esa hora se atopaban na rúa, nun exercicio que servíu para demostrar que, por máis que coactivamente ás migrantes se lles negue a posibilidade de comunicar, existe aínda unha cooperación social que posibilita que estas non sexan silenciadas.

Os comentarios están pechados.