Hacking the border line | cónica da deriva transfronteiriza

Rimas, faixas e coladas facían que onte os comercios da rúa real pechasen as súas portas ao paso da deriva transfronteiriza, que era agardada por compañeiras senegalesas nunha das tranversais para poder berrar xuntas que todas somos clandestinas, visibilizar o boicot á Área Comercial após das últimas agresións racistas, denunciar a manipulación dos medios de comunicación i esixir a libre circulación de toda persoa así como a libertación da cultura.

12178.jpg

[Ver fotoreportaxe no CMI Galiza por Olholivre]

>minuto a minuto da deriva:

20:00 Unhas 100 persoas no Teatro Rosalia para denunciar as persecucións discriminatorias cara os migrantes que están a traballar na rua Real.
20:30 A pesar da presencia de 4 carros da policía nacional decide-se seguir adiante coa marcha.
20:40 Fixeron-se varias accións ao longo do percorrido, unha parada en Zara lembrou as recentes declaracións do dependente do establecemento, Mario Suárez, nas que se queixaba de que a policía non vixiaba a zona.
21:00 Pendurou-se unha faixa chamando ao boicot da zona comercial do Obelisco.
21:15 Parada en De Pili Carrera (multinacional con sucursais en toda España, Mexico, Usa, Turquia)
21:20 Parada no Casino, onde as persoas hipócritas que acoden a este espazo miran mal aos migrantes mais son compradores habituais destes.
21:40 acto na opinión onde nos pecharon as portas, en este ponto solicitamos unha reunión co director baixo a ameaza que se non nos recibían faríamos unha campaña de denuncia, a única resposta foi que fixeramos unha carta ao director.
Cartaces e colantes ao longo de toda a rúa.

>video:

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/O02sz2YzyCA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

>manifesto:
Mércores 29 de Agosto de 2007. Um desproporcionado dispositivo policial irrumpe com violencia (recordemos: armados, com cascos, esposas, uniformes militarizados) na rúa Real. Tras umha apariçom absolutamente agresiva e denigrante para todas aquelas que entendemos que ante todo, esta o simples direito de ser pessoa, os armados policias detenhem a um número nom clarificado de migrantes. Pessoas que som invisiviliçadas até o extremo de nom sabermos a día de hoje com certeça o número real de detençons e a situaçom final d@s detid@s.
A raçom de tamanho dispositivo; deter a quantos máis migrantes melhor. A excusa: a venta ambulante sem permiso de CD´s e DVD´s. O objetivo: amedrentar as migrantes, alimentar a alarma social e obedecer as demandas de empresarios que ganham miles de euros ao mes com as súas ventas e nom permitem que pessoas que tratam apenas de sobreviver estem preto dos seus negocios.
Pero nom só queremos aquí sinalar aos empresarios e grandes multinacionais (Inditex,.) como @s instigadores da redada racista.
Queremos sinalar também aos medios de comunicaçom da cidade que com aseveraçons do tipo `La presencia policial brilla por su ausencia ante la comisión evidente de los delitos ´ (Sara Vazquez, em La Opinión de A Coruña) apuntarom desde há semanas direitamente cara aos migrantes (sem recursos, sem defessa, sem direitos) como um corpo ao que `neutraliçar, criminaliçar e limpar´.
Queremos sinalar também aos empresarios que, como a `Área Comercial Obelisco´ sinalam, desde um racismo activo e evidente a `mala imagem que dam´ as pessoas que tratam de sibreviver vendendo apenas uns euros ao día.
Queremos apontar por ultimo direitamente contra o racismo institucional que disfraça com de folclore um problema social evidente polo que pessoas som rechaçadas `manus militaris´ nas fronteiras internas e externas da Europa Fortaleça. Apontamos cara ao racismo institucional que pom o estigma da delincuencia a aqueles que pola cor da pel o polo origem nom som invitados, apenas mál recibidos ou rechaçados, neste primeiro mundo evindete culpável das penurias económicas e vitais do resto do planeta. O Delegado do Governo, o sub-Delegado, os mandos policiais e políticos que reprimem com armas e violencia ante um `suposto delito´ como é a `piratería´ que enmascara a umha empresa (SGAE) que nom representa a grande parte dos creadores e que lucra-se abusivamente de impostos radicalmente alegais.
Com todo esto, com esta Deriva Transfroteiriça de hoje, queremos polo tanto reivindicar a liberdade de movimento das pessoas, a cultura livre e o livre acceso ao conhecemento e apoiar aos irmaos migrantes com @s que os movimentos sociais da cidade estaremos sempre mao com mao na súa luita por umha vida e polo tanto um mundo melhor.
Pola cultura libre!!!
Polo direito a viver, nom so a sobreviver!!!
Nenguma pessoa é ilegal!!!

Os comentarios están pechados.