Crónica de um Primeiro de Maio outro. Toma de comboio e Bloco Precario

maio 4th, 2007
Posted in Mobilidade, fronteiras, transporte, Outras, Saberes, cultura, información, comunicación, Vivenda, especulación i espazos liberados, Xéneros e sexualidades
1 Comment »

***Crónica de um Primeiro de Maio outro. Toma de comboio e Bloco Precario nas manifestaçom central em Vigo. Notas para as polémicas***

**********************************

Crónica de um Primeiro de Maio outro

As realidades da evidente mutaçom do sistema produtivo alterarom onte sustancialmente a actividade a que o (ate agora frustrante) passeio do primeiro de maio tinha-nos acostumadas.

1maio07precario-01.jpg

Activistas de diferentes Centros Sociais, da autoorganizaçom das precarias (Assembleia de Prearias de Compostela - http://actividadesassembleia.blogspot.com -, Precarias em Luita de Vigo - http://precarias.arkipelagos.net -, Assembleia pola vivenda de Ourense - http://dereitoaoteito.info - ou Invisiveis da Corunha- http://invisibeis.blogaliza.org -) assim como outros colectivos (Maribolheras Precarias, Mulheres Transgredindo, etc) tratarom de coordinar um outro primeiro de maio asumindo as súas febleças fronte ao establishment organizativo sindical, pero contraponhendo-lhe elevadas dosis de rebeldía, ilusom e potencia autoorganizativa.

Read the rest of this entry »

Semiótica antagonista

abril 16th, 2007
Posted in Vivenda, especulación i espazos liberados
1 Comment »

máis materiais gráficos…

proposta de pegata1

proposta de pegata2

video da deriva por montealto

abril 12th, 2007
Posted in Vivenda, especulación i espazos liberados
No Comments »

video elaborado polo colectivo olholivre: deriva pola especulación en montealto,

a salvaxe invasión que está a sufrir este bairro por parte de gruas, vallas, inmobiliarias, e demáis maquinaria, ofrece un aspecto desolador, que lembra a una postal da postguerra,

inmobiliarias: armas de especulación masiva!!!

Deriva/Roteiro pola Vivenda e contra a Especulación, (Monte Alto, A Coruña)

abril 11th, 2007
Posted in Vivenda, especulación i espazos liberados
2 Comments »

A diferéncia doutras cidades e vilas galegas, A Coruña ten un plano ordenación urbana desde hai 22 anos. A pesar diso, ou, seguramente, grazas a iso, a situación da precariedade da vivenda na nosa cidade, e mesmo na sua área metropolitana, non ten parangón nas demáis urbes do seu eido xeográfico.

O prezo de compra da vivenda no lugar máis barato da área metropolitana da Coruña é 2000€/m21. No centro da cidade, en cámbio, chega a 7200€/m2. Isto coloca a A Coruña por riba dos prezos das urbes de territórios como Aragón, Múrcia, Astúries, Canárias ou mesmo o Pais Valenciá, onde as rendas son claramente superiores. Mesmo nunha etapa na que por vez primeira en dous lustros comeza a ralentizar-se o prezo da vivenda, A Coruña foi no 2006 a segunda cidade do estado na que máis creceu ese prezo -un 15%-, case cinco veces máis do que o fixeron as rendas.

As causas son coñecidas: unha miragre económica perigosamente sustentada sobre o negócio do tixolo; un prezo do chan desorbitado, consecuéncia directa de exercícios netamente especulativos; unha canalización do aforro privado cara ao mercado inmobiliário (quen non pensa solucionar o problema da vivenda mercándo-lle un piso * fill*?); unha falla de políticas de fomento do aluguer; a admisión de enrriquecimentos obscenos -ao marxe do fenómeno Inditex, o galego máis rico está vencellado ao mercado inmobiliário, do mesmo xeito que o están 13 das 20 persoas máis ricas do estado-; a masiva presenza de pisos baleiros -entre 17.000 e 25.000 só na cidade da Coruña, máis do 25% das que existen nunha província tan rural como a nosa-.

Read the rest of this entry »